Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÉCIMO SEGUNDA

Acordo para unha moción de censura no Porriño

Independentes do Porriño, Partido Popular e Cidadáns por Porriño formarán un goberno tripartito.

Redacción - 13:30 04/01/2010
Concello do Porriño

Concello do Porriño

Porriño será con toda probabilidade o escenario da décimo segunda moción de censura desta lexislatura en Galiza. Así o confirmou o líder de Independentes do Porriño en declaracións a Europa Press. Gonzalo Ordóñez, adiantou que o seu partido xa "pechou negociacións sobre aspectos substanciais" sobre o futuro goberno local.

O Partido Popular (PP) e a formación Independentes do Porriño chegaron así a un "principio de acordo" para sacar adiante a moción de censura e formar así un goberno tripartito xunto a Cidadáns de Porriño. O propio Ordóñez asegurou que confía en que "se poida chegar ao consenso definitivo entre as tres partes nas próximas datas".

Mentres, tanto o PP como Cidadáns manteñen o seu silencio sobre as conversas para a formación deste goberno de centro-dereita.


2,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: