Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Remexendo na historia caboverdiana

"O fillo do mar" investiga a pegada galega de Eugénio Tavares

Cabo Verde adícalle este ano ao escritor o seu Día Nacional da Cultura. A TVG estrea un documental que analiza a súa orixe galega.

Redacción - 11:45 28/12/2009

Nalgún espazo entre a lenda e a historia está a verdade sobre Eugénio Tavares. "O fillo do mar" porque, logo de perder a seus pais no naufraxio dun buque diante da costa de Cabo Verde, foi adoptado aló por unha familia de orixe portuguesa.

O relato comeza coa singradura do Guadalupe IX, un barco que saíu en novembro de 1865 desde o porto da Coruña levando emigrantes cara a Bos Aires. Na proximidade das costas caboverdianas prodúcese o naufraxio. Morren máis de medio cento de persoas e o resto salva a vida grazas a uns illotes deshabitados no contorno. Socorridos por veciños da illa da Brava, entre os náufragos hai un meniño de colo sen pais, "O fillo do mar".

Un equipo dirixido por Luís Menéndez, xornalista da TVG, investigou as pegadas que insinúan a orixe galega de Eugénio Tavares arredor desta historia. O traballo, en forma de documental audiovisual, foi presentado xa durante a fin de semana no Concello de Burela, aproveitando a numerosa comunidade caboverdiana aló asentada. Este luns, ás 00h25 da noite, é a estrea na primeira canle da emisora pública.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Interpretação Fotográfica das Mornas de Eugénio Tavares

Eugénio Tavares
Eugénio Tavares