Un nixeriano supostamente vencellado coa rede terrorista tratou de activar un artefacto explosivo na aeronave, que transportaba a 278 pasaxeiros.
Abdul Mudallad, un nixeriano de 23 anos que supostamente ten conexións con Al Qaeda, intentou detonar un artefacto explosivo a bordo dun avión de pasaxeiros que se dirixía a Detroit. Foi reducido polos pasaxeiros e pola tripulación e a nave tomou terra sen problemas, segundo informan os xornais estadounidenses. O atacante sufriu queimaduras de terceiro grao e atópase baixo custodia policial. Outros dous pasaxeiros sufriron lesións menores.
O goberno estadounidense xa informou de que se está levando a cabo unha investigación para determinar se o incidente era parte dun complot maior. "Hai unha alerta a nivel mundial para asegurarnos de que isto non é parte dun esquema a grande escala", dixo na CNN Peter King, membro do Comité de Seguridade Nacioanl da Cámara de Representantes.
Máis información: