Os escritores galegos queren distinguir así a ao poeta e xornalista arxentino.
Juan Gelman é, sen dúbida, un dos mellores poetas arxentinos das últimas décadas. Agora tamén vai ser “Escritor Galego Universal”. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu outorgarlle este galardón, concedido por escritores para escritores. Gelman recibirá o premio no decurso da Cea das Letras que terá lugar en maio do vindeiro ano.
Dende a AELG explican que o poeta, xornalista e tradutor, nado en Bos Aires, “ten demostrado ao longo da súa vida ser un mestre dese “oficio ardente” que para el é a poesía, un xénero que combina coa súa actitude cívica e a súa constante denuncia das violacións dos dereitos humanos”.
Poden ampliar información sobre Juan Gelman na galipedia.