Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO

Haidar volve á terra: "É unha vitoria para a causa saharahuí"

Logo de  32 días en folga de fame, regresa a El Aaiun grazas á presión social e da comunidade internacional.

Redacción - 23:50 17/12/2009

A independentista Aminetu Haidar saíu rumbo ao Sáhara. O goberno marroquí aceptou por fin a volta á casa da activista saharuí. Un avión fletado polo goberno español despegou a última hora deste xoves (23.30 horas) de Lanzarote rumbo a El Aaiun. A comunidade saharauí festexa a vitoria.

Haidar, que se atopa moi feble logo de 32 días en folga de fame, agradeceu as grandes mostras de solidariedade da sociedade civil. A activista subliñou que o seu regreso é "unha vitoria para a causa saharahuí".

O goberno marroquí, que ocupa as terras do Sáhara,aceptou o regreso da independentista "sen condicións". Haidar non terá que pedirlle perdón ao rei marroquí nin recoñecer publicamente a nacionalidade dese país, tal e como pretendían obrigala a facer.

Preocupación polo seu futuro

Agora resta por saber se as forzas marroquís van caer na tentación de tomar represalias contra a Haidar a medio prazo. Defensores da causa saharauí lembraron que o goberno de Marrocos vulnera reiteradamente os dereitos humanos á hora de reprimir a loita independentista


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: