A banda dará concertos de presentación en Compostela e na Coruña, acompañados de Novedades Carminha.
The Homens / Janite
The Homens presentan esta semana o seu novo disco, Cuarta potencia, en Compostela e na Coruña, acompañados polo grupo punk Novedades Carminha. A primeira cita será na Sala Nasa este xoves ás nove da noite. Na Coruña a festa de presentación terá lugar en Le Club o venres ás 22:30.
O grupo galego de power-pop, composto por Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) define o seu novo traballo como "melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro". O disco está producido por Santi García e editado por Lixo Urbano.