Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Xacobeo Galicia amósase optimista no seu recoñecemento profesional

Boa impresión despois de presentar as súas alegacións en Xenebra perante o Comité director da UCI. Saberase o 4 de xaneiro.

Redacción - 10:45 17/12/2009

O Xacobeo Galicia amosouse esperanzado por poder entrar, finalmente, na relación de equipos con categoría profesional continental para a temporada 2010. O conxunto argumentou en Xenebra perante o Comité director da UCI as alegacións presentadas pola súa non inclusión inicial. A nova entrevista deixou unha impresión "moi satisfactoria" na representación do equipo galego. A resolución final saberase o 4 de xaneiro, cando se publique a relación definitiva de equipos.

Á reunión, que se prolongou durante unha hora, asistiu o director-xerente da Fundación Ciclismo Galego, Pedro Alfaro, quen salientou o "clima de máxima cordialidade e colaboración" e que trouxo unha impresión "moi satisfactoria" da audiencia en Suíza.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: