 
Milleiros de lucenses apoiaron este domingo o piloto local de F2, Xosé Alonso Liste, que, con 19 anos, correrá en 2010 nesta categoría.
Milleiros de lucenses (100 mil, segundo a Policía Local) desafiaron unha tarde xélida para seguir o primeiro 'road show' urbano de F2 e apoiar así o piloto local, Xosé Alonso Liste, que, con 19 anos, correrá en 2010 nesta categoría. A Ronda da Muralla converteuse nun improvisado circuíto urbano, polo que desfilaron coches antigos, motos de época e karts 
  Alonso e o ex piloto de F1 e patrón da F2, Jonathan Palmer, recibiron o apoio do público que seguiu o evento desde ambas as dúas marxes da rúa e desde o adarve do monumento. Este último declarou que a experiencia e o propio circuíto resultaron "espectaculares", o mesmo que o "masivo" seguimento que tivo o evento.
  O piloto local deu varias voltas ao circuíto e deleitou o público con varias piruetas e algúns 'ceros' que foron respondidos con grandes ovacións. Alonso aspira a chegar a todo o máis alto da competición.
  Subidos nun Rolls-Royce convertíbel, Palmer e o lucense deron unha última volta para se despediren do público, aínda que despois o piloto se desprazou até unha carpa nas inmediacións onde atendeu a multitude de afeccionados.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto