Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións presidenciais

A dereita asoma ao poder en Chile

O candidato da dereita, Sebastián Piñera, mellorou os prognósticos das enquisas, mais non conseguiu abondo para evitar unha segunda volta na que competirá con Eduardo Frei.

Redacción - 00:30 14/12/2009
A presidenta saínte, Michelle Bachelet, deixa o cargo cun elevado nivel de apoio

A presidenta saínte, Michelle Bachelet, deixa o cargo cun elevado nivel de apoio

Co 15% das mesas escrutadas e á luz das enquisas, o multimillonario Sebastián Piñera sería o triunfador da cita electoral deste domingo en Chile. Piñera mesmo superou as previsións das sondaxes dos últimos días, aproximándose ao 44% dos apoios. Atrás del, a fenda na coalición gobernante finalizou cun segundo posto para o democristián Eduardo Frei, que superaría o 30% dos votos. O socialista Marco Enríquez Ominanmi quedou no19% do voto. Finalmente, o cuarto na disputa, Jorge Arrate, consegue para a esquerda extraparlamentaria un 5% de sufraxios. Con estes números, Piñera e Frei disputarán o próximo mes de xaneiro a segunda volta.


Actualización 10h30: Será a primeira vez nos últimos vinte anos que a coalición gubernamental, desta volta sen candidato único, aparece atrás do candidato da dereita nos prognósticos. As enquisas coinciden en agoirar o fracaso nas urnas das formacións gobernantes.

O candidato da dereita, o millonario Sebastián Piñera, a quen algúns medios xa teñen bautizado como o Berlusconi chileno, xunta os esforzos da dereita por volver ao poder. Enfronte del, a Concertación, reúne desta vez os apoios oficiais do centro-esquerda arredor da figura de Eduardo Frei, quen xa fora presidente entre os anos 1994 e 2000.

Piñera aparece destacado nas enquisas, con arredor do 40% dos apoios. O democristián Frei está nas sondaxes no fío do 20%, un chisco por riba do ex deputado socialista Marco Enríquez Ominami. Cuarto candidato nesta competición é Jorge Arrate, froito do pacto político de diversas forzas da esquerda extraparlamentaria. É previsíbel, salvo sorpresa de incremento final de apoios a Piñera, que sexa necesaria unha segunda volta o próximo 17 de xaneiro.

Para ampliar na prensa chilena:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: