Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A POLÉMICA CHEGA AO PARLAMENTO

A visión máis “cosmopaleta” da cociña galega

O BNG pregunta no Parlamento pola web financiada por Cultura para difundir a nosa gastronomía. Acusan a Xunta de dar unha visión "tópica" da nosa cultura culinaria.

Redacción - 18:25 07/12/2009

Hai menos de 20 días, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba unha “ambiciosa” web da nosa cociña para axudar a popularizala co gallo do Xacobeo. A polémica comezou xa daquela porque o portal gastronomiadegalicia.com, financiado con fondos públicos, está redactado exclusivamente en castelán. Pero, máis aló das razóns lingüísticas, a páxina electrónica vai chegar ao Parlamento nos vindeiros días polo tratamento que lle dá á cultura gastronómica do país.

A deputada nacionalista Carme Adán presentou varias preguntas parlamentarias sobre unha web que cualificou de “baixa calidade e de falta de rigorosidade”. Dende o BNG non dubidaron en disparar rexoubeiramente contra unha consellaría á que acusan de practicar continuamente o “cosmopaletismo”.

Ademais de denunciar o nulo respecto pola lingua propia do país, Adán resalta a existencia de “tópicos e valoracións negativas sobre Galiza”. Como exemplo cita un fragmento no que se pode ler “esta rexión setentrional de España é un lugar ideal para asistir á matanza do cocho con todos os ritos herdados dunha tradición lendaria na que o animal máis xeneroso co home recibe a homenaxe que merece”.

A páxina financiada con fondos da Xunta conta co asesoramento da Real Academia Española de Gastronomía e co apoio económico de Gas Natural e Unión Fenosa.


4,44/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: