Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta da Xunta para as caixas

PPdeG: a fusión colocará Galiza "na elite financeira" estatal

O portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, subliña que será o mellor xeito de que as entidades afronten os "retos e desafíos" inmediatos.

Redacción - 18:30 02/12/2009

O voceiro do PPdeG argumentou que a postura expresada pola Xunta ao respecto do futuro das caixas é "coherente" e ten "un único interese: o de buscar o mellor para Galiza, desde Galiza, pensando en Galiza e nos cidadáns de Galiza". Opina Antonio Rodríguez Miranda que a proposta conta co apoio de todos os grupos, organizacións sindicais e empresariais e espera que sexa apoiada polos respectivos consellos de administración de Caixa Galicia e Caixanova, "coa fin de que unha proposta boa para Galiza saia adiante e nos faga, non só non descender chanzos no panorama financeiro español, senón que nos permita subilos".

Ao fío, apuntou Rodríguez Miranda que a decisión é froito dunha análise "seria, rigorosa e meditada, tras escoitar a todos e cada un dos actores que interveñen neste proceso". Para o voceiro do PPdeG, a proposta saída desta rolda de contactos chega "cos números na man, e co aval de gran parte dos devanditos interlocutores". Será, na súa opinión, a mellor forma de afrontar os "retos e desafíos" que se expoñen no horizonte das caixas e facelo "de forma unitaria, a través dunha gran caixa capaz de competir no panorama actual".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: