Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
23 de maio de 2011

O PPdeG ve "o principio da fin" das alcaldías bipartitas nas cidades

Segundo un estudo, os rexedores das sete cidades do país, coa excepción de López Orozco, están entre os peor valorados do Estado Español.

Redacción - 19:00 30/11/2009

O PPdeG predixo "o principio da fin" do PSdeG e do BNG á fronte dos gobernos das sete cidades do país. O partido tirou esta conclusión dun estudo que sitúa as alcaldías galegas entre as peor avaliadas do Estado Español.

Nun comunicado, os 'populares' entenden que a cidadanía reflicte neste estudo o seu descontento cos alcaldes galegos porque "perderon a oportunidade" de implantar políticas útiles nos concellos e que, polo contrario, puxeron en marcha actuacións que "só provocan rexeitamento".

Para o PPdeG, comezou a conta atrás para a "desfeita electoral" e convidou a cidadanía a continuar o 23 de maio de 2011 o cambio político que, asegura, comezou na Xunta o 1 de marzo. Os 'populares' salientaron que alcalde peor valorado do país é o vigués Abel Caballero, no cuarto posto polo final dos 78 alcaldes analizados.

Pola contra, destacaron que o alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, é o único de Galiza que se atopa na primeira metade da clasificación, mentres que o resto "están todos no último furgón".


2,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: