Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día contra a violencia de xénero

PSdeG: a educación en Igualdade como "eixo prioritario"

Os socialistas subliñan a importancia do impulso desde a administración da Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.

Redacción - 09:25 25/11/2009

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, afirmou que para colocar o papel da muller como persoa en igualdade de dereitos é preciso potenciar a educación en valores. Por iso, avogou por desenvolver programas específicos contra a violencia de xénero nas escolas, institutos e universidades.

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de xénero, a parlamentaria socialista subliñou a importancia da Lei Integral de Medidas Urxentes contra a violencia de xénero, que considerou "imprescindíbel" para que a mentalización da sociedade sobre estes crimes "calase fondo" e para "acadar a protección das vítimas de malos tratos".

Seara valorou positivamente a eficacia da lei, pois "moitos foron os malos tratos evitados e os asasinatos non cometidos, e moitas son tamén as mulleres que son, foron e serán protexidas e salvadas dunha situación de grave risco físico e psíquico". Porén, lembrou que a lei debe ser complementada e perfeccionada, ao igual do que acontece coa Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero, texto lexislativo aprobado por unanimidade no Parlamento "e que necesita un pulo importante da Administración para desenvolverse na súa totalidade".

Pero aínda queda moito por facer. A deputada socialista sinalou que aínda sobreviven mensaxes "que seguen retransmitindo unha imaxe da muller que denigra profundamente o seu papel e a súa situación na sociedade, que a despreza e a anula". De aí que sexa necesario promover programas de educación en igualdade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: