Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
REACCIÓNS

A confección das enquisas de Educación non convence

A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino valoran positivamente a decisión do Alto Tribunal.

Redacción - 19:30 17/11/2009

As reaccións á decisión do Tribunal Supremo na que rexeita o recurso presentado por unha familia viguesa que exixía que o seu fillo recibise as clases en español, non se fixeron agardar.

Dunha banda, a CIG-Ensino valora positivamente a sentenza e entende que "pon en cuestión as enquisas realizadas por Educación no mes de xuño e os seus resultados. Entende que "o Tribunal Supremo vén validar, unha vez máis, a normativa legal en vigor, é dicir, o Decreto 124/2007, entre outros". Asemade, interpreta que esta sentenza "é unha nova chamada de atención para a Administración galega", ao deslexitimar os argumentos empregados polo actual goberno para poñer en cuestión o decreto do galego e iniciar a súa derrogación" ao deixar claro "que lle corresponde á Administración velar polo cumprimento da lexislación" e, por tanto "cumprir o que recollen o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística" no que se refire a que son os poderes públicos os que deben procurar o normal desenvolvemento do noso idioma.

Na mesma liña, a Mesa pola Normalización Lingüística valora a sentenza "como a ratificación de que o decreto en vigor non discrimina o castelán e de que non existe o dereito a ignorar o galego". Para Carlos Callón, o ditame da xustiza "desmonta os postulados contra o galego no ensino que vén defendendo Alberto Núñez Feijoo desde a precampaña, cando, de forma incívica, decidiu levantar a bandeira do odio contra o noso idioma".


Ligazóns

5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Carlos Callón compareceu en rolda de prensa para valorar a sentenza
Carlos Callón compareceu en rolda de prensa para valorar a sentenza
A CIG Ensino entende que a decisión do Supremo pon en cuestión a enquisa de Educación
A CIG Ensino entende que a decisión do Supremo pon en cuestión a enquisa de Educación