Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Poderán ser xulgados en dúas semanas

A Audiencia Nacional procesa os dous supostos 'piratas' somalís

Retira, a instancias da Fiscalía, a acusación de asociación ilícita, que podería bloquear a súa expulsión do Estado Español.

Redacción - 11:45 16/11/2009
Santiago Pedraz

Santiago Pedraz

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz procesou este luns por 36 delitos de detención ilegal e roubo con violencia e uso de armas os dous supostos 'piratas' somalís detidos logo do secuestro do atuneiro Alakrana para que poidan ser xulgados no prazo de dúas semanas, informaron fontes xurídicas.

O maxistrado, que adoptou esta decisión a instancias da Fiscalía, retira desta forma a acusación por un suposto delito de asociación ilícita, que podería bloquear a súa expulsión do Estado Español, e continúa desta forma a instrución contra os dous detidos para que a Sección Cuarta da Sala do Penal leve a cabo o xuízo, que podería desenvolverse na última semana de novembro. 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: