Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Axenda musical

Sakamoto, Mertens e o mellor hip-hop na fin de semana

Aos concertos de dous dos músicos e compositores contemporáneos máis recoñecidos súmase unha nova edición do Microfest.

Redacción - 11:02 13/11/2009

Dous músicos multifacéticos que desde a composición contemporánea conseguiron chegar ao gran público. Iso é o que teñen en común o xaponés Ryuichi Sakamoto e o belga Wim Mertens, que esta fin de semana actúan en Galiza. Sakamoto faino este venres en Compostela, abrindo unha nova edición do ciclo Sons da Diversidade coa súa mestura de música electrónica e acústica. Xa non quedan entradas para escoitar en solitario ao autor das bandas sonoras d'O último emperador e O ceo protector.

E o sábado no Teatro Colón da Coruña actúa Wim Mertens, un dos nomes de referencia da música minimalista. Compositor, cantante contratenor, pianista, guitarrista e musicólogo, nesta ocasión porá piano e voz nunha actuación na que estará acompañado da violinista Shirly Laub.

Microfest
O sábado celébrase a sétima edición da principal cita galega de hip-hop, o Microfest. Nesta ocasión terá un formato reducido a un só día na sala santiaguesa Capitol. A partir das oito da tarde actuarán Xhelazz, Slowlee e a estrela do cartel, Dj Qbert. Este filipino-estadounidense é coñecido como o Jimmy Hendrix do turntablism, a arte de crear música manipulando discos de vinilo.

Aquí seleccionamos outras propostas musicais para a fin de semana, ordenadas de norte a sur:
 
Venres 13 de novembro
Mandrágoras no Mardi Gras da Coruña
Coz no Badulake de Ordes
Guru Deva no pub Gatos de Melide
No Reply na Sala Capitol de Santiago de Compostela
Javier Pereiro Quartet e Albert Vila Quartet no Clavicémbalo de Lugo
Moondogs Blues Party na Zona Zero de Caldas de Reis
Baby Shakes e The Kendolls no Rock Club de Ourense
Damien Jurado e Brian Hun no Café&Pop Torgal de Ourense
The Joe K-Plan e Unicornibot na Sala Karma de Pontevedra
At Versaris no Aturuxo de Bueu
Javier Constenla na SalaSon de Cangas
Cuchús Pimentel no Contrabajo de Vigo
Niño y Pistola en El Ensanche de Vigo
Holywater en El Ensanche de Vigo
The Queers na Iguana Club de Vigo
Clã na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
Belöp na sala Planta Baixa de Vigo

Sábado 14 de novembro
Damien Jurado e Brian Hunt no Manchita Cosa de Ferrol
Los Ruines na sala Run Rum de Ferrol
Proyecto Kournikova en Le Club da Coruña
Encontro Folclórico Frouma, con Queiroa de Sada, Os Rueiriños de Nós-Oleiros e Frouma de Oleiros, en Santa Cruz de Liáns (Oleiros)
The Ramblin' Rose na Reserva de Carballo
Trapos Sucios na sala The Star de Carral
The Joe K-Plan e Unicornibot no festival Acción! de Boiro
Sofia Ribeiro Quartet e Albert Vila Quartet no Clavicémbalo de Lugo
Clã na sala Karma de Pontevedra
Baby Shakes e High Hats no Mondo de Vigo
Alberto Cunha en La Pecera de Vigo
Cooltrain Band no Clandestino de Nigrán

Domingo 15 de novembro
Damien Jurado e Brian Hunt no Mondo de Vigo

E para o resto da semana:

Mércores 18 de novembro:
Lady Dottie and The Diamonds na Sala Nasa de Santiago de Compostela
Sevigny na Borriquita de Belém de Santiago de Compostela
I Am Kloot no Teatro da Cidade Universitaria de Vigo
Samesugas en La Iguana Club de Vigo

Xoves 19 de novembro:
Dirty Socks na Sala Capitol de Santiago de Compostela
Samesugas, Garage 13 e Última Sacudida na Sala Nasa de Santiago de Compostela
Fon Román e Zahara na Sala Karma de Pontevedra


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Actuación de Dj Qbert, que estará no Microfest

Os portugueses Clã actúan en Vigo e Pontevedra
Os portugueses Clã actúan en Vigo e Pontevedra