O líder do PSdG considera que o Goberno busca a “revancha” a conta dos empregados públicos.
A oposición reaccionou en bloque contra a decisión do Goberno de comezar a desmantelar as oficinas de Igualdade e Benestar. Se o mércores o BNG facía público un comunicado no que lle pedía a Feijoo que dese marcha atrás na decisión de despedir a 61 persoas, este xoves o secretario xeral dos socialistas. 'Pachi' Vázquez, acusou ao executivo de tomar unha decisión “sectaria”. Segundo Vázquez, a Xunta despide 61 persoas por pura “revancha”, e non porque non haxa unha necesidade destes servizos no rural, xa que as oficinas de Igualdade e Benestar foron creadas na anterior lexislatura.
Mentres os traballadores do Consorcio, arredor de 1.200, celebran asembleas para preparar unha folga total convocada para o vindeiro martes día 24. Todos os centros de traballo (incluídas garderías e centros de día) están chamados ao paro en apoio dos traballadores aos que se lle anunciou a rescisión do contrato e para pedir a aplicación do convenio.