Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAPITAL PRIVADO NA SAÚDE PÚBLICA

Privatización do hospital de Bos Aires: chantaxes para unha prevaricación?

Carlos Aymerich asegura no Parlamento que o Executivo orquestrou unha manobra para favorecer unha empresa privada con "homes do PP".

Redacción - 12:39 11/11/2009

A privatización do hospital de Bos Aires está a erguer unha forte treboada política. Este mesmo mércores, o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, asegurou que o Goberno deixa en mans dunha empresa privada afín ao PP a xestión do centro público. Segundo Aymerich, altos cargos da Xunta empregaron a “chantaxe” na reunión da Fundación Galiza-Saúde. No transcurso da mesma, segundo denuncian os nacionalistas, altos cargos como a conselleira de Sanidade, Pilar Farja, ou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, afirmaron que, se a empresa castelá A3 Recoletas non asumía a xestión do hospital, retirarían as axudas públicas.

O Bloque lembrou no Parlamento que a empresa foi mercada na pasada primavera por Mercapital, onde figura na súa dirección Juan Carlos Guerra Zunzunegui, “un home do PP” (ex senador por este partido). Aymerich explicou que a Xunta encargou en primeira instancia unha auditoría sobre o hospital que tamén foi feita por Recoletas. Na mesma recolleríanse supostas irregularidades coas que a Xunta ameazou con iniciar accións xudiciais se a colectividade galega non aceptaba a privatización.

Feijoo defende a privatización

Na súa resposta parlamentaria, Núñez Feijoo mantivo que os catro mil emigrantes que acoden ao Hospital do Centro Galego seguirán a ter atención sanitaria de balde. Segundo o presidente da Xunta, a privatización vai servir para “non pagar” prestacións a cidadáns que non sexan “nacionais”. Dende o Goberno aseguran que a xestión do bipartito foi aproveitada por cidadáns arxentinos para teren unha sanidade pública. Para Feijoo, a atención médica tamén pode ser “eficiente” con concesións a empresas privadas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: