Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
600 mil euros para tapar o acontecido

Subornos de Blackwater ao goberno iraquí para ocultar asasinato de civís

A empresa de servizos militares privados contratada polos EUA tratou de agochar as mortes causadas polos mercenarios.

Redacción - 10:25 11/11/2009

Non é o primeiro escándalo que implica a este xigante empresarial, Blackwater, adicada a ofrecer "servizos de seguridade en áreas de conflito", é dicir, na práctica, a ofertar exércitos privados integrados por milleiros de mercenarios. Un dos principais negocios de Blackwater nos últimos anos foi xustamente o da guerra de Iraq, onde o goberno Bush lle pagou millóns de dólares, gastando até seis veces máis por cada axente-soldado privado do que lle custaba aos EUA un soldado habitual.

De feito, a súa actividade foi investigada por unha comisión específica do Congreso estadounidense. Desta volta, catro altos cargos de Blackwater recoñeceron nunha entrevista que o presidente da empresa en 2007, Gary Jackson, autorizou o pagamento de arredor de 600 mil euros (un millón de dólares), para comprar o silencio de altos cargos do executivo iraquí despois de que os mercenarios a soldo da empresa asasinasen 17 civís na capital do país, Bagdad. Un suceso que xa fora ademais condenado logo das correspondentes investigacións. Aseguran os catro interrogados que o acontecido abriu diverxencias na empresa sobre as estratexias seguidas e que por iso deixaron Blackwater.

Para ampliar:


3/5 (4 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: