Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE NO EUROPARLAMENTO

A Comisión Europea advirte que a piscifactoría de Touriñán terá que cumprir a directiva de hábitats

O comisario de Medio Ambiente lembrou que a Xunta debe estudar pormenorizadamente este tipo de proxectos.

Redacción - 19:36 04/11/2009
Tags: Touriñán
Reprodución virtual do primeiro proxecto de Pescanova

Reprodución virtual do primeiro proxecto de Pescanova

O comisario europeo de Medio Ambiente, Satvros Dimas, subliñou este mércores que antes de autorizar a piscifactoría que Pescanova pretende construír en Touriñán (Muxía) a Xunta terá que garantir o cumprimento da directiva de hábitats, debido a que o espazo é Lugar de Importancia Comunitaria, integrado dentro da Rede Natura 2000. Dimas sinala que só se poderá seguir o proxecto se se xustifica un interese público prioritario.

A interpelación no Europarlamento fíxoa o deputado de ERC, Oriol Junqueras, a petición do BNG. Junqueras lembrou que o proxecto tivo no seu día “unha enorme contestación social e foi rexeitada polo anterior Goberno polo seu elevado impacto ambiental e o crítico estado ecolóxico e paisaxístico no que quedaría a zona se se chegase a construír esta planta”.


4,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: