Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Apareceu o luns pola mañá

O Observatorio Astronómico da USC pide testemuños dun bólido

O centro solicita que se poñan en contacto con el as persoas que presenciasen o fenómeno en persoa.

Redacción - 18:02 04/11/2009

O Observatorio Astronómico da USC, dirixido por José Ángel Docobo, está a investigar un fenómeno que se produciu o pasado luns pola mañá. Arredor das 8:08, un brillante bólido atravesou o ceo de Galiza, momento en que foi visto por moitas persoas.

O observatorio Ramón María Aller precisa recabar información sobre o paso do meteorito, polo que solicita a colaboración de todas as persoas que o observasen. Así, prega que as testemuñas se poñan en contacto co centro, a través do correo electrónico (joseangel.docobo@usc.es) ou chamando ao teléfono 981 592 747 entre as 11 e 14 e as 18 e 21 horas.

Aínda que estes fenómenos non acontecen todos os días, tampouco son infrecuentes. O anterior obxecto luminoso avistado no país aparecera o 28 de setembro. O Ramón María Aller precisa máis datos para saber a orixe, velocidade, traxectoria e o posíbel lugar de colisión do meteorito.


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: