Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO AMBIENTE E CIVILIZACIÓN

A tala de árbores acabou coa cultura nazca

Un estudo científico demostra que a desaparición desta sociedade se deben á destrución do seu ecosistema.

Redacción - 10:00 08/11/2009
Tags: nazca Perú
Os Nazca terían sobrevivido á catástrofe natural de non ser pola tala progresiva dos huarangos

Os Nazca terían sobrevivido á catástrofe natural de non ser pola tala progresiva dos huarangos

O futuro da nosa civilización está estreitamente ligado co futuro do medio ambiente. Así o volve demostrar un estudo, publicado na revista Latin American Antiquity, na que se vencella a desaparición da cultura nazca (que habitaba Perú hai 1.500 anos) coa deforestación do seu entorno natural.

En concreto, os científicos afirman que o colapso desta sociedade estivo relacionada coa fin dunha árbore: o huarango. A destrución dos montes nos que habitaba esta especie, que xogaba un papel vital no hábitat ao protexer o fráxil ecosistema do deserto, provocaron un punto de inflexión que levou ao definitivo colapso ecolóxico. O huarango promovía a fertilidade e a humidade da terra e a súa tala masiva deixou á sociedade nazca vulnerábel aos eventos climáticos.

A excesiva deforestación uniuse aos efectos das inundacións de "El Niño" no ano 500 d.C. Até o de agora atribuíaselle a este desastre natural a desaparición dos nazcas, mais os científicos subliñan agora que cunha cobertura suficiente do huarango, os efectos non terían sido tan devastadores. Pola contra, mesmo resultarían positivos, ao repoñer os acuíferos. Así, o estudo conclúe que os cambios graduais inducidos polos humanos (tala de árbores) foron tan importantes para o colapso dos nazcas como os impactos climáticos.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A cultura nazca é coñecida polas liñas que debuxaron no deserto con formas de animais
A cultura nazca é coñecida polas liñas que debuxaron no deserto con formas de animais
A Unesco inscribiu as liñas e xeroglíficos dos Nazca como Patrimonio da Humanidade
A Unesco inscribiu as liñas e xeroglíficos dos Nazca como Patrimonio da Humanidade