Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Premio "Español Universal"

A oposición pide explicacións pola próxima viaxe de Feijoo a Miami

O presidente da Xunta recollerá este venres nunha gala especial o galardón xunto a David Bisbal e Pedro J. Ramírez.

Redacción - 18:05 03/11/2009

Os grupos da oposición no Parlamento censuraron este martes a viaxe que Alberto Núñez Feijoo fará a Miami este venres para recoller o premio "Español Universal". Como xa informamos no seu día, o galardón, entregado pola Cámara de Comercio España-Estados Unidos, compartirano o presidente da Xunta, o cantante David Bisbal e o xornalista Pedro J. Ramírez.

O voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou que as viaxes ao estranxeiro teñen que contar cun "sentido institucional e de proxección de imaxe", que "non se cumpre" neste caso. Leiceaga amosou a súa preocupación polo feito de que Feijoo marche a Miami sen "dar explicacións" na Cámara, co que se "perde a transparencia por razóns inexplicábeis".

En contraposición, o seu homólogo do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, que dixo descoñecer as "circunstancias" da viaxe, incidiu en que o presidente da Xunta comparecerá para explicar as súas viaxes ao exterior, incluída a recente a Londres. Así mesmo, asegurou que Emilio Pérez Touriño tampouco "informaba de todas as viaxes" e lembrou cando "el ía por un lado e o conselleiro de Industria por outro" a Bruxelas.

Pola súa banda, o voceiro do grupo do BNG, Carlos Aymerich, ironizou con que a viaxe é "moi coherente coa política de austeridade" e reprobou que Feijoo "pase toda a semana fóra, en Madrid, Londres...".


2,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: