Desde Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional, achégannos unha entrega do Vieiros da Escola, especialmente adicada á xornada do próximo mércores 11.
Os xogos tradicionais forman parte da cultura dos pobos; o peón é un destes xogos. O mércores, 11 de Novembro de 2009, Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional convoca o Día do peón; o acto central terá lugar no Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, ás 12 da mañá.
O peón é un xoguete, feito normalmente con madeira torneada, que na súa punta leva un cravo (ferrón), para que vire con xeito. Para bailar o peón suxéitase unha corda fina (piola ou baraza), enrolada sobre a parte máis ancha (barriga).
Toda a información neste número 25 do Vieiros da Escola.