Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LUZ VERDE

A UE autoriza a venda de Yondelis para combater o cancro de ovario

A empresa galega Zeltia comezará a comercializar o medicamento en Reino Unido, Alemaña, Austria, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Noruega.

Redacción - 09:49 02/11/2009
Tags: UE Yondelis

Logo de anos de investigación, a Unión Europea vén de abrirlle as portas ao medicamento anticanceríxeno Yondelis. O produto, de PharmaMar (Zeltia), estará dispoñíbel en breve nas farmacias de Reino Unido, Alemaña, Dinamarca, Suecia, Filandia e Noruega, estados onde non é preciso negociar prezos coas autoridades sanitarias. Nunha segunda fase, a venda xeralizarase nos 27 estados membros da Unión Europea e en Noruega, Islandia e Liechtenstein. Se en 2007 a UE xa tiña permitido o medicamento para combater o sarcoma de tecidos brandos, agora tamén se permite para o tratamento de cancro de ovario.

A empresa coida que pode obter unha vendas en Europa próximas aos 300 millóns de euros anuais. Con estas cifras, PharmaMar cre que pode acadar un primeiro beneficio a finais de 2010.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: