Esta actividade está encadrada dentro da serie "Actividades abertas" que o colectivo leva organizando dende fai 10 anos cunha periodicidade mensual. O obxectivo xeral destas actividades é dar a coñecer aos veciños do Salnés os valores naturais e patrimoniais da nosa comarca, coa finalidade de lograr un maior respeto por eles.
A actividade de mañá ten o obxectivo específico de disfrutar dun dos tramos costeiros cunha paisaxe aínda natural e de alto valor. Neste tramo estase a proxectar, dende a Delegación provincial de Costas e o Concello de O Grove un paseo marítimo, ampliando a pasarela de madeira de Pedras Negras. O CES considera que esta actuación rompería a harmonía desta paisaxe. Nunha comarca coma o Salnés, e concretamente no Grove, é preciso preservar certas zonas da pegada humana, actuando coma zonas onde tanto os veciños coma os turistas poidan contemplar un anaco de natureza case intocado. Temos que recordar que esta zona xa é accesible a través de sendeiros que permiten o paseo de todos aqueles que queiran gozalo, polo que non creemos que unha estructura artificial como é a pasarela sexa nin necesaria nin apropiada para a conservación da paisaxe.
Esta zona, ademais está dentro dos límites do LIC Ons-O Grove, espazo protexido polos seus valores naturais.