Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anteproxecto da lei eólica

O PSdeG agoira "embrollo xurídico" e pau á economía do país

O deputado socialista Abel Losada prognosticou un grave impacto da decisión da Xunta no sector galego de enerxías renovábeis.

Redacción - 19:15 29/10/2009

"Prefiren sacrificar o futuro dun sector económico en aras dunha pretendida ideoloxía, que escapa da intervención pública na economía, pero que en realidade só esconde intereses das grandes empresas mais próximas ao Partido Popular". Así avaliaba este xoves o voceiro de Economía, Industria e Innovación do PsdeG, Abel Losada, a decisión do Goberno de anular a selección de proxectos eólicos deseñada na anterior lexislatura e botar adiante unha nova lei eólica.

Este paso terá "un dobre custo", agoirou o portavoz socialista, "por un lado, o económico e, por outro, un embrollo xurídico que se prevé longo". Un escenario que, laiouse Abel Losada, causará "paralizacións e falla de expectativas para este sector, vital para a nosa economía". Na súa opinión non só se verá afectada a propia produción de enerxía renovábel, senón tamén o sector empresarial adicado á construción de aeroxeneradores e o investimento en I+D+i relacionado con este sector. "Esta perda de posición competitiva de Galiza no contexto español e europeo carece de calquera sentido económico, especialmente en tempo de crise", indicou Losada.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: