O vicepresidente Xosé Manuel Baltar leu unha declaración institucional este martes en que se pediu o regreso á "legalidade constitucional".
O Parlamento condenou este martes o golpe militar en Honduras e pediu o "retorno á legalidade constitucional", que debe comezar pola "restitución de Manuel Zelaya" na Presidencia da República. A iniciativa partiu do grupo socialista, que hai dúas semanas recibiu na Cámara o avogado, sindicalista e membro do Comité de Resistencia contra o golpe, Erasto Reyes.
Nunha declaración institucional que leu o vicepresidente da Mesa, Xosé Manuel Baltar, os deputados rexeitaron a situación que vive Honduras desde o golpe do 28 de xuño, e recordaron que 120 días despois, a resistencia do pobo provocou, segundo os datos do Comité de Familiares de Detidos e Desaparecidos, "16 mortos, innumerábeis feridos e centos de detidos amoreados nos cárceres e no estadio Chochi Sosa".