Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Reino Unido

Rouban medio millón de currículos da web de The Guardian

Delincuentes informáticos accederon a información privada de persoas usuarias do portal de emprego, que xa foron avisadas polo xornal.

Redacción - 17:35 26/10/2009
Sede de The Guardian e do dominical The Observer en Londres

Sede de The Guardian e do dominical The Observer en Londres

A web de emprego do xornal británico The Guardian recibiu un ataque que podería facer que os currículos de medio millón de persoas pasasen a mans de delincuentes informáticos. O propio xornal xa advirte e que esa información privada podería ter acabado en malas mans por un ataque "sofisticado e deliberado".

O medio asegurou que non están comprometidos todos os datos, e que xa lles enviou persoalmente unha mensaxe ás persoas afectadas. O incidente está a ser investigado pola unidade central de delitos informáticos de New Scotland Yard. Na mensaxe inclúense consellos de seguridade para evitar a suplantación de identidade.

O xornal afirma que a súa web xa é totalmente segura, como garantiu o seu provedor, Magdex. Aínda que non se cre que se perdese información de tipo financeiro, un simple currículo pode servir para roubar a identidade dunha persoa, e mesmo dirixir ataques mediante correo electrónico.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: