Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PP e PSOE rexeitan unha moción do BNG

Permiso para furar os canóns do Sil en Santa Cristina? O Senado di que si

O Bloque acusa a senadores populares e socialistas de "cederen á presión das empresas eléctricas e darlle as costas á protección da Ribeira Sacra".

Redacción - 19:25 19/10/2009

A chamada á denegación a Iberdrola da concesión de permisos para o aproveitamento hidroeléctrico de Santa Cristina, na bacía do Sil, chegou este luns ao Senado da man dunha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza. Malia o convite á negociación da moción, PP e PSOE decidiron votar en contra, o que lles valeu os reproches do representante nacionalista.

Pérez Bouza repasou na súa intervención o impacto das recentes obras do encoro de San Estevo e insistiu no valor ecolóxico da conca. "Con estes procedentes sería un auténtico despropósito que o Ministerio de Medio Ambiente concedese a Iberdrola os permisos necesarios para executar na conca do Sil o proxecto de Santa Cristina", subliñou, advertindo dos informes que agoiran un impacto medioambiental "peor que o de Santo Estevo". Xa que logo, o senador do Bloque acusou os representantes de PP e PSOE de "unha vez máis, darlle as costas á protección da Ribeira Sacra". "Isto só pode ser posíbel polas presións que exercen as empresas eléctricas, e pola falla de sensibilidade da Ministra de Medio Ambiente", denunciou, reprochándolles a socialistas e populares que se opoñen "ás demandas sociais e ecoloxistas".


4,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: