A compañía LG xa dispón dun prototipo que acada a enerxía para todo un día cunha carga de catro horas.
A empresa coreana LG anunciou que comercializará un e-book, ou lector de libros electrónicos, alimentado por enerxía solar. O dispositivo, do que xa existe un prototipo, ten unha pantalla de seis polgadas e un consumo mínimo que lle permite que en catro horas de luz cargue enerxía suficiente para un día de funcionamento.
Segundo informa a compañía, dispón dun panel solar de 0,7 milímetros de grosor, que ten unha eficiencia do 10 por cento. En calquera caso, contan con mellorar esa eficiencia até un 12% no vindeiro ano e ao 14% no 2012. Eses paneis poderíanse empregar para todo tipo de equipos de electrónica de consumo.