Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Transfuguismo

Silleda maniféstase contra a moción de censura

A mobilización, convocada por Avanza Trasdeza e apoiada polo PSdeG, ten lugar na praza Feira Vella.

Redacción - 09:50 11/10/2009
Paula Fernández Pena é, até agora, alcaldesa de Silleda

Paula Fernández Pena é, até agora, alcaldesa de Silleda

A plataforma Avanza Trasdeza convocou para este domingo unha manifestación en Silleda para rexeitar a moción de censura que se vai presentar contra a alcaldesa, a socialista Paula Fernández Pena. A concentración, que conta co apoio da dirección do PSdeG, terá lugar ás cinco da tarde na praza Feira Vella.

Coa convocatoria, a plataforma quere "demostrarlles aos impulsores da moción de censura que o pobo de Silleda non quere que sigan adiante". Ao rematar, farase lectura dun manifesto de rexeitamento da moción.

O PSdeG de Silleda expresou a súa teoría de que "isto non é máis que un movemento duns poucos para facerse de novo cunha cota de poder que perderon lexitimamente nas eleccións de 2007", a raíz dunhas declaracións do líder do PP local, Xosé Fernández Viéitez. Aínda que nun primeiro momento afirmara que abandonaría a súa acta de concelleiro para facilitar o cambio de goberno, finalmente expresou a súa dúbida de se o faría ou non.

Esta renuncia de Fernández Viéitez era considerada polos socialistas necesaria para que os dous edís tránsfugas asinaran "unha moción coa persoa contra a que traballaron durante anos", e consideran "inexplicábel que agora formen goberno con el".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: