Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ORZAMENTOS

O PP denuncia que o goberno español non inviste no tren de proximidade

Os populares cualifican de "agravio comparativo" que Galiza siga sen esta infraestrutura en 2010, un obxectivo que consideran "irrenunciábel".

Redacción - 17:45 09/10/2009
O PP di que o tren de proximidade é "un obxectivo irrenunciábel"

O PP di que o tren de proximidade é "un obxectivo irrenunciábel"

"O goberno de Zapatero non destina nin un só euro á implantación do tren de proximidade en Galiza", advirte o voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, Alexandre Gómez Alonso. O PP alerta de que o Ministerio de Fomento inclúe unha partida de 800 millóns de euros para este servizo no Estado Español, mais sen ningún compromiso cos galegos.

O parlamentario explica que este é un obxectivo irrenunciábel para Galiza e subliña no agravio comparativo que supón con respecto a outras comunidades autónomas. "Seguiremos a ser o único territorio do litoral sen tren de proximidade no ano 2010", asegura Gómez Alonso, quen recorda o investimento previsto en Barcelona (cinco millóns), na Bahía de Cádiz (22 millóns), en Málaga (8,2 millóns), en Asturias (1,9 millóns) en en Madrid (outros cinco millóns).

Liña convencional e portos
Doutra banda o popular lamenta que tampouco se atenda nas contas do Estado ás necesidades de mellora da liña convencional. Dos 1.722,4 millóns totais destinados a este obxectivo no Estado, a Galiza correspóndenlle unicamente 111,6 millóns para o mantemento e pasos a nivel, é dicir "tan só o 6,4% do total".

O popular denunciou tamén que os orzamentos hipotecan a operatividade dos Portos Exteriores de Ferrol e A Coruña, xa que só se adican tres millóns de euros para estudos e proxectos dos accesos ferro-portuarios, e dos portos de Marín e Vilagarcía. Neste caso, o risco "ven do levantamento das vías, xa que a saída das mercadorías destes portos é a través da liña convencional Vigo-Pontevedra-Santiago, de ancho ibérico, que será substituída pola liña de Alta Velocidade de ancho internacional no 2013".

Finalmente, asegurou que o PP "se reafirma na súa oposición ao levantamento das vías do Eixo Atlántico porque prexudica a implantación da proximidade e a operatividade dos nosos portos".


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: