O filme estase a recrear secuencia a secuencia de 15 segundos interpretada por diferentes persoas de todo o mundo.
Algúns dos participantes usaron máscaras para remedaren os actores orixinais
Un proxecto colaborativo na rede pretende rodar unha nova versión do primeiro filme de Star Wars (o capítulo IV, Unha nova esperanza). A peculiaridade é que cada persoa pode contribuír, porque a metraxe total dividiuse en pequenas pezas de 15 segundos, que se poden recrear mediante calquera técnica.
Xa está listo o tráiler do proxecto Star Wars Uncut ("sen cortes"), que nos dá unha idea das contribucións que xa se achegaron: dende imaxes reais até animación, dende interpretacións máis elaboradas até outras máis perralleiras, pero co friquismo como nexo de unión.
Unhas 250 escenas aínda seguen sen ter dono, mentres que outras 688 xa foron reclamadas e 291 están listas. O equipo de Star Wars Uncut busca novos colaboradores.