Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
De Mahía a La Rosa

O blog do fanzine '18 Rodas' recupera incunables do pop galego

Editado entre 1988 e 1998, resucitou na rede para divulgar vinilos esquecidos do pop feito en Galiza, Europa e Estados Unidos.

Redacción - 11:00 07/10/2009
Portada do último número de "18 Rodas" en papel

Portada do último número de "18 Rodas" en papel

18 Rodas é o nome dun fanzine do que entre 1988 e 1998 saíron á luz once números. As súas páxinas estaban ateigadas de pop-rock de todo o mundo, con espazo para a actividade musical galega. Desde hai un ano o fanzine ferrolán está de volta, agora en internet, onde rescata vinilos dos 60 aos 90 de grupos de pop de Galiza, Europa e Estados Unidos.

A volta de 18 Rodas tivo un primeiro capítulo no festival XiriaPop de 2008, onde se regalou un cd-r no que aparecían os seis últimos números da revista en formato Pdf. En outubro dese ano, o fanzine iniciou unha nova etapa na rede en formato blog. Desde aí ofrece a posibilidade de acceder a vinilos fóra de catálogo convertidos a mp3. A listaxe de rarezas do pop non se queda só no ámbito anglosaxón: na listaxe aparecen grupos de Portugal, Italia, Francia, Holanda, Bélxica ou do Estado Español.

O pop-rock galego tamén ten o seu lugar no blog, que ofrece a oportunidade de escoitar gravacións difíciles de atopar en tendas. É o caso de discos de músicos dos 70 como Xoán Rubia, Mahía e Tara (coñecida como a Janis Joplin galega), grupos dos 80 como Los Cafres, Terminal Norte e La Rosa e tamén dos 90, como Cosecha Roja.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tara: "Lonely people"

Los Cafres: "Solo soy una alimaña"

Actuación de Terminal Norte nun concerto solidario cos traballadores de Astano (1985)