Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prol dunha "aterraxe suave" na redución de fondos

O presidente da Xunta pídelle a Barroso que a eurobilla non peche de vez para Galiza

O presidente da Eurocomisión valorou a preocupación da Xunta pola posíbel "perda abrupta" de fondos europeos das zonas que deixan de ser obxectivo 1, aínda que non insinuou solucións.

Redacción - 11:00 06/10/2009

"Estamos traballando 16 rexións do conxunto da UE, entre elas o norte de Portugal, para propoñer formalmente que Galiza e as outras rexións non perdan de forma abrupta os fondos que están percibindo nos presupostos 2009-2010", expuxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, logo da súa reunión co presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso.

"Voume contento de que o presidente da Comisión se mostrara como un firme defensor dos fondos de cohesión; porque, aínda que sexa unha decisión dos estados membros, que o presidente da Comisión vexa con bos ollos que as rexións que eran obxectivo 1 non perdan de forma abrupta os fondos é unha moi boa noticia", valorou Núñez Feijoo ao respecto deste asunto. Asegurou Feijoo que Barroso felicitara a Xunta por poñer o tema enriba da mesa antes da elaboración dos orzamentos.

Así, Feijoo chegaba coa proposta de que no novo escenario na Unión Europea de 2013 en diante, se defina unha "aterraxe suave para as rexións que deixarán de ser obxectivo número 1 dos fondos de cohesión". "Eu espero que o goberno de España apoie a Galiza e a outras rexións como Andalucía ou Estremadura; polo ben de España e dos recursos públicos destas autonomías", engadiu Feijoo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: