Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Denuncia

A recuperación da memoria histórica incomoda o Concello de Ponteareas

O consistorio premiou en 2006 un traballo sobre a Sección Feminina na vila, pero aínda non lle pagou á autora nin publicou a obra.

Redacción - 09:00 05/10/2009

Ao goberno de Ponteareas, do Partido Popular, parecen non gustarlle os estudos sobre a memoria histórica no municipio, incluso se é o propio concello quen os premia. A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez gañou en 2006 o IV premio de investigación Fermín Bouza Brey, convocado polo concello pontareán. Tres anos despois, segue sen cobrar os 1.500 euros cos que estaba dotado e aínda non se publicou o seu traballo, tal como estaba previsto na convocatoria.

O traballo gañador titulábase “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”. A gañadora do certame denuncia que é precisamente a temática do estudo a que fai que o concello nin pague nin publique. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), á que pertence a autora do texto gañador, cre que o goberno municipal do PP non quere publicar un traballo que analiza con rigor histórco “unha organización, a Sección Feminina da Falanxe, que é o precedente ideolóxico de moitos militantes dese partido”.

A ARMH explica que o gañador da terceira edición do mesmo certame, Ángel Rodríguez Gallardo, tamén tivo problemas para cobrar o seu premio. A edición de 2006 foi a última do premio de investigación Fermín Bouza Brey. Desde ese ano, o Concello de Ponteareas non o volveu convocar.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: