Vitoria contundente do PASOK en Grecia logo de cinco anos de goberno conservador liderado por Costas Karamanlis.
Co 43% dos votos, o PASOK, liderado por George Papandreu, é a nova forza hexemónica no Parlamento grego. Nova Democracia, no goberno estes últimos anos, pasa así ao liderado da oposición. Atrás deles, houbo lixeiro recorte de representación para o partido comunista e para a coalición Syriza e un significativo avance da ultradereita do Laos. A participación, malia reducirse catro puntos respecto ás eleccións de 2007, chegou ao 70%.
A desvantaxe de arredor de nove puntos acumulada polo partido do primeiro ministro en funcións, Costas Karamanlis, fronte aos socialistas, convirte este resultado no peor da súa formación desde que foi fundada. "Asumo a responsabilidade da derrota", declaraba Karamanlis na noite do domingo e co reconto aínda sen finalizar totalmente, anunciando a súa dimisión. Karamanlis, que aínda coa postura contraria de compañeiros de partido decidira adiantar os comicios cando tiña por diante dous anos máis de mandato, subliñou entre as recomendacións para o seu sucesor o actual escenario económico. "É a peor situación desde a posguerra", advertiu.
Para ampliar: