Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VOLTA Á VELLA POLÉMICA

'Pachi' Vázquez: onde dixen 'La' poñan 'A'

O líder do PSdeG, presionado internamente, matiza as súas afirmacións sobre o topónimo da Coruña. Negreira solucionaría o tema en "cinco minutos".

Redacción - 17:53 30/09/2009

Vintecatro horas despois de posicionarse a prol dunha forma bilingüe para o topónimo da Coruña, o secretario xeral do PSdeG rectifica en parte. O do Carballiño asegurou que non hai consenso para mudar a actual Lei de Toponimia de Galiza e que polo tanto non se discute. Porén, Vázquez rematou dicindo que hai dúas linguas no país e que “ter os topónimos en ambas sería unha cousa absolutamente normal”.

A rectificación parcial do líder dos socialistas chega logo de que se producise certo malestar nas súas propias filas. Algúns dirixentes do PSdeG consideran que Vázquez está a entrar nun terreo esvaradizo e recomendáronlle internamente que non reabrise un debate que no seu día abandeirou 'Paco' Vázquez e que agora retoman os “populares” e socialistas coruñeses. O propio voceiro parlamentario, Xaquín Fernández Leicega, apurouse a dicir este mércores que a reforma da Lei de Toponimia “non está, nin debe estar na axenda”.

Carlos Negreira e as “solucións express”
O voceiro do PP na Coruña, Carlos Negreira, saíu á tribuna pública para afirmar que o conflito polo topónimo da cidade se arranxa “en cinco minutos”. Negreira bótalle o balón ao alcalde Xavier Losada e lémbralle que conta con seu apoio para aprobar unha moción para demandarlle os cambios á Xunta.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: