"Para afortalar a cultura e a historia da América Latina, o Caribe e África e co obxectivo de facer presentes as loitas políticas revolucionarias dos povos do sul do mundo", o presidente venezueano, Hugo Chávez, inaugurou a Radio del Sur.
A rede de emisoras internacionais que transmitiran a Radio del Sur está integrada por 18 emisores da Arxentina; 10 en Colombia: 5 na Bolívia; 3 no Paraguai; 4 no Uruguai 2 Haiti; 3 na Nicaragua; 3 en Panamá e o Brasil; 3 no México e os Estados Unidos; 2 en Cuba, Perú e no Ecuador; 1 na Guatemala; 1 República Dominicana, Chile, El Salvador e 4 en Honduras.
O continente africano intervirá coa Radio da Gâmbia que receberá a programación en inglés enviada pola equipa de tradutores en Caracas e eles a traducirán a programación ás súas linguas nacionais.
Outras emisoras africanas que receberán o sinal radiofónico serán Radio Benin e a Radio Internacional de Alxéria. En canto a Radio Nacional de Guinea Ecuatorial, receberá a programación en idioma español.
Alba, Mercosul, Petrocaribe, Banco do Sul, Universidad del Sur, Unasur, Gasoducto del Sur, son algunhas das fontes informativas que estarán presentes na Radio del Sur, así como os acordos bilaterais de cooperación..
A programación contará cun 35% de música venezuelana e latinoamericana. O 37% da programación será producida en Caracas nos estudos da Radio del Sur; em tanto que, o 63% serán espazos producidos polas radios colaboradoras do proxecto de toda a América Latina integradas con as emisoras do continente africano.
A iniciativa comunicativa é unha proposta do Goberno Bolivariano venezuelano. A radio poderá ser sintonizada em tempo real através do site: www.laradiodelsur.com