Sócrates mantén máis de seis puntos de vantaxe sobre Ferreira Leite pero perde numerosos votos. O Bloco de Esquerdas sobe con forza e o PCP experimenta unha lixeiro aumento de apoios.
José Sócrates
Co 90% dos votos escrutados confírmase a vitoria do Partido Socialista, mais, tal e como xa auguraban as enquisas, a formación de José Sócrates perde numerosos votos con respecto a 2005 e ve como é imposíbel volver a disfrutar da mioría absoluta. Os socialistas teñen o 36,5% dos votos (oito puntos menos ca hai catro anos). O PSD (centro-dereita) de Manuela Ferreira Leite tería un case imperceptíbel ascenso e acadaría o 29,1% dos sufraxios. A sorpresa, se se confirma a tendencia incial, daríaa o moi conservador PP, que se convertería na terceira forza da Assambleia da República, ao acadar o 10,4% dos sufraxios (logrou 7,2 en 2005).
Á esquerda do Partido Socialista, o BE apunta un forte ascenso (9,8%) pero algo menos do que auguraban as enquisas nas últimas semanas. O Partido Comunista pasaría a ser a quinta forza no parlamento, a pesar de que experimenta unha lixeira suba (7,9% dos votos) con respecto a 2005 cando foi a terceira forza co 7,5%
Sondaxes a pé de urna (21.33 horas)
As primeiras enquisas a pé de urna, dadas a coñecer tan axiño como se pecharon os colexios electorais, apuntan a unha vitoria do Partido Socialista de José Sócrates (36-40%); o PSD, da conservadora Ferreira Leite, (25-29); o Bloco de Esquerda (9-12); o CDS (8,5-11,5); e o Partido Comunista (7-10%)