Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORPORACIÓNS LOCAIS

A crise non afecta ás dedicacións exclusivas

Os nacionalistas de Cervo denuncian que a pesar das débedas, o consistorio destina máis de 100 mil euros a salarios políticos.

Redacción - 12:15 26/09/2009

En tempos de crise, os políticos locais non son os que dan máis exemplo. Un dos moitos exemplos acaba de darse no municipio de Cervo. O goberno local, dirixido polo conservador Afonso Vilares, redistribuiu as dedicacións absolutas e parciais que suman un total de 102 mil euros. Nestes gastos dos concelleiros non se inclúen as dietas.

O BNG desta localidade fixo pública esta sábado unha nota na que considera que o gasto en salarios políticos está moi por riba dun Concello “endebedado” e que non chega aos cinco mil habitantes. Por se isto fose pouco, a oposición denuncia que as xustificacións das catro dedicacións parciais “son opacas e moi difíciles de controlar”. Segundo sosteñen, o propio interventor municipal ten manifestado a necesidade dun maior control plenario sobre estes gastos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: