Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O COROT-7B

Existe un planeta rochoso fóra do sistema solar

É o quinto corpo celeste coñecido de características similares á Terra e o primeiro exoplaneta.

Redacción - 09:30 20/09/2009

Os astrónomos xa poden confirmar as súas sospeitas: o mes de febreiro pasado descubriron o primeiro planeta rochoso extrasolar ou exoplaneta, é dicir, fora do Sistema Solar, a 500 anos luz do globo terráqueo.

O Corot-7b, ten unha densidade similar á de Mercurio, Venus, Marte e A Terra, por tanto convértese no quinto planeta coñecido de características similares ao terrestre. 


Os científicos descubriron até o momento 374 exoplanetas moito máis grandes que A Terra e de tipo gasoso, un con tan só dúas veces a masa terrestre. O novo descubrimento é o séptimo que realiza o satélite Corot (da Axencia Europea do Espazo, ESA). 

Vida
Sobre a posibilidade de que exista vida no Corot-7b, os científicos anticiparon que non é probábel, xa que no lado que dá ao Sol as temperaturas ascenden a uns dous mil graos Celsius, e suponse que aí hai océanos de lava fervendo.

Tamén, o lado sombreado é inhabitábel, debido a que as temperaturas descenden até os 200 graos baixo cero.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: