Os sucesos aconteceron durante as manifestacións con motivo do aniversario do golpe de estado que en 1973 derrocou o Allende.
Imaxe: Chilevisión
Dúas persoas morreron e nove resultaron feridas, incluídos oito policías, polos enfrontamentos que se produciron en Santiago de Chile durante as manifestacións con motivo do aniversario do golpe de estado que en 1973 derrocou o presidente chileno Salvador Allende.
Un mozo de 23 anos faleceu logo recibir dous disparos na cabeza, aínda que non está claro se participaba nas manifestacións, e tampouco se sabe con certeza se o outro home, finado a consecuencia dunha ferida de bala, era un manifestante, informa La Nación. Outro mozo está hospitalizado en estado crítico.
Segundo as primeiras informacións, o primeiro foi trasladado por persoal do Servizo de Atención Primaria de Urxencia ao Hospital San José, onde chegaría sen vida. Con todo, outras versións apuntan a que non faleceu durante os enfrontamentos senón que a súa morte produciuse nunha liorta.
O mozo que se atopa en estado crítico, de 19 anos, está no mesmo hospital e presenta unha ferida de bala na cabeza. Ademais, no Hospital de Carabineros hai oito efectivos policiais con feridas de diversa consideración.
Durante o venres producíronse enfrontamentos en varios sectores da capital, como Recoleta, Huechuraba, Peñalolén, Cerro Navia, La Pintana, San Joaquín e Estación Central. De acordo cos datos dos Carabineros, realizáronse 19 detencións na capital e outras trece no resto do país.