Nos próximos nove días haberá un pleno de votación do novo rexedor, similar ao da investidura, onde cada grupo propórá o seu candidato.
García Fuentes
O alcalde do Concello de Negreira, Xoán García Fuentes (PSdeG), presentou este luns a súa renuncia ao cargo por "motivos persoais" a causa dunha enfermidade dun familiar.
Ante esta situación, estaba prevista unha reunión tanto do grupo municipal como da agrupación local do partido, co fin de definir quen exercerá como voceiro e quen será o candidato no pleno de votación.
Ademais, debido á dimisión do rexedor, convocouse para este martes un pleno extraordinario en que se dará conta da súa renuncia e, logo deste formalismo, solicitarase a credencial da seguinte na lista socialista.
En todo caso, nos próximos nove días haberá un pleno de votación do novo alcalde, similar ao da investidura, onde cada grupo propórá o seu candidato e, tras ser votado, accederá oficialmente ao cargo.