Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Veloso consegue a primeira vitoria do Xacobeo Galicia na Vuelta 2009

O corredor de Vilagarcía logrou entrar na meta por diante do resto do pelotón logo de marchar fuxido durante moitos quilómetros.

Redacción - 18:00 07/09/2009
Veloso ten 29 anos

Veloso ten 29 anos

O corredor arousán do Xacobeo Galicia, Gustavo César Veloso, consegui a vitoria na novena etapa da Vuelta a España na segunda chegada en alto da volta por etapas. O ciclista de Vilagarcía impúxose logo de marchar fuxido case desde o inicio, en Alcoi.

Mais foi na subida de Xorret de Catí onde Veloso deu as pedaladas decisivas que lle permitiron superar o italiano Marco Marzano e que lle dan a primeira vitoria ao Xacobeo nesta Vuelta 2009. O español Alejandro Valverde, que chegou terceiro, é o novo líder da clasificación xeral.


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: