Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BitTorrent

Sexo e autoaxuda, os libros 'piratas' máis descargados

Unha listaxe amosa que os 'best-sellers' non están ameazados polas redes de intercambio de arquivos.

Redacción - 13:30 07/09/2009

Os libros máis descargados da internet non sempre coinciden coas listaxes de best-sellers. O xornal británico The Independent publicou a súa propia clasificación de libros electrónicos máis descargados (ou "pirateados") mediante o protocolo BitTorrent durante o ano 2009. As cantidades distribuídas van de entre 100 mil e 250 mil exemplares virtuais obtidos.

A selección de obras escollidas trata, principalmente, temas relacionados co sexo, coa autoaxuda, ou ambos os dous. Así, se nos centramos nos cinco libros electrónicos máis descargados, atopamos, no quinto posto, Casa solar: guía do deseñador solar, de Terry Galloway; Os cadernos perdidos de Leonardo da Vinci, de Castle Falkenstein, no cuarto; Guía do sexo fantástico para o completo idiota, de Sari Locker, no terceiro; Segredos do Photoshop, de Mark Clarkson, no segundo posto, mentres que o máis descargado é o Kamasutra ilustrado, editado por Lance Dane.

Segundo a información, o feito de que as descargas "ilícitas" coincidan pouco ou nada coas dos autores máis vendidos parece demostrar que BitTorrent non ameaza os ingresos das editoriais ou dos escritores de "calidade", porque o público segue a mercarlles os seus produtos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: