Arredor dun cento de persoas morreron logo dun ataque aéreo que fixo estourar un tanque de combustíbel. Tropas españolas abateron 13 insurxentes.
O ataque provocou numerosos feridos
Un ataque aéreo das forzas da OTAN na provincia de Kunduz, no norte de Afganistán, provocou a morte de cando menos 95 persoas, este venres, segundo informan as axencias internacionais.
O bombardeo fixo estourar un camión cisterna nun lugar onde a xente se reúne para recolle combustíbel, precisaron fontes das forzas de seguridade afgás.
Calcúlase que uns 45 insurxentes perderon a vida, aínda que un portavoz destes, Zabihullah Mujahid, afirmou que o grupo armado non perdeu ningún combatente.
Por outra banda, militares españois pertencentes ao Grupo Táctico de Apoio ás Eleccións en Afganistán mataron esta quinta feira 13 insurxentes.