 
Na cidade das Burgas arranca a segunda tempada de “Sen Batuta” e na capital do país soarán as cancións de Schumann, Schubert e Wolf.
A segunda edición de Sen Batuta en Ourense desenvolverase ata o 4 de xuño de 2010. Comeza este 3 de setembro, e repetirase todos os primeiros xoves de mes no instituto Otero Pedrayo. Cun prazo de 6 euros por concerto e 45 polo abono completo, os ourensáns e afeccionados poderán gozar dalgúns dos conxuntos máis importantes no panorama europeo. Callino Quartet, ofrece o primeiro concerto, no que o cuarteto inglés interpretará obras de Haydn, Kurtág e Mendelssohn. Este é o programa completo do festival: 
  3 de setembro: Callino Quartet. Cuarteto de cordas. 
1 de outubro: Dider Henry e Anne LeBozec. Barítono e piano. 
5 de novembro: Spanish Brass Luur Metalls. Quinteto de metais. 
3 de decembro: Cuarteto Quiroga. Cuarteto de cordas. 
7 de xaneiro: Cuarteto Casals. Cuarteto de cordas. 
4 de febreiro: Doric String Quartet. Cuarteto de cordas. 
4 de marzo: Dali Piano Trio. Trío con piano. 
1 de abril: PercaDu. Dúo de Percusión.   
6 de maio: Vladimir Mendelssohn (viola) & Alain Meunier (cello) & Cuarteto Quiroga. 
4 de xuño: Trio Ravinia. Trío con piano. 
  
X Ciclo de Lied 
No outono, Compostela volve acoller unha nova edición do Ciclo de Lied. O programa de concertos de cámara componse de catro recitais que este ano teñen como eixe temático “O círculo máxico dos mestres do Lied”, formado polos os autores alemáns máis representativos: Robert Schumann, Franz Schubert e Hugo Wolf. O prezo de cada concerto é de 6 euros, e 15 para o abono. O programa desenvólvese en setembro e outubro no Auditorio de Galicia, coas seguintes actuacións: 
  
10 de setembro: Conferencia de Roger Vignoles “O círculo máxico dos mestres do Lied”. Facultade de Xeografía e Historia. 
11 de setembro: Florian Boesch (barítono) e Roger Vignoles (piano). Schumann e Schubert.   
22 de setembro: Camilla Tilling (soprano) e Rober Vignoles (piano). Schubert, Schumann e Strauss. 
29 de setembro: Werner Güra (tenor) e Roger Vignoles (piano). Schumann e Wolf.   
15 de outubro: Bernarda Fink (mezzosoprano) e Roger Vignoles (piano). Schubert e Dvorak. No Teatro Principal.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto