A formación independentista quere que a Deputación de Lugo e o Concello de Castroverde restauren a casa natal da histórica militante comunista.
Henriqueta Outeiro
Nós-Unidade Popular anuncia que vai dedicar a novena edición do Día da Galiza Combatente a recuperar a memoria da guerrilleira comunista Henriqueta Outeiro. O acto central vai ter lugar o vindeiro 11 de outubro na parroquia de Miranda, no municipio de Castroverde, onde a homenaxeada naceu en 1909. Henriqueta Outeiro, finada hai xa vinte anos, exerceu de mestra en diversas escolas rurais do país. Destinada a Madrid, afiliouse en 1936 ao PCE. Durante a Guerra Civil chegou a ser comandante do exército republicano.
Na década dos 40 ingresa na guerrilla antifranquista até que en 1946 é detida pola Garda Civil perto da cidade de Lugo. Logo de ser condenada a morte, a presión internacional conseguiu que a execución non se levas a cabo. Porén, permaneceu en diferentes cadeas até 1966. En 1977 figurou nas listas do PCE ao Congreso español pola provincia de Lugo.
Nós-UP quere que a Deputación de Lugo e o Concello de Castroverde destinen fondos a restaurar a casa natal da militante comunista a conveterla no “Museo da Resistencia Henriqueta Outeiro”.